martes, 6 de diciembre de 2011

Inauguración Reconstruír Decembro 1


O día 2 de decembro tivo lugar a inauguración da exposición do TDP.

Queremos agradecervos a todos e a todas que acudírades á nosa invitación. É todo un pracer para nós poder ensinarvos o resultado do noso traballo e, como non, que nos preguntedes o prezo dos obxectos. (Sentimos dicirvos que non están en venda, polo menos todavía, por problemas administrativos pero ogallá que nun tempo poidamos comercializalos).

En fin, vos invitamos a todos e a todas os que non coñecedes a nosa exposición a acudir e, un derradeiro favor, que cubrades unha pequena ficha que está xunto a urna. Vos contamos o porqué…

No obradoiro puxemos uns nomes a cada modelo de lámpada pero nos gustaría coñecer a vosa opinión antes da decisión final polo que vos pomos diversas opcións para que votedes a que máis vos guste…

Grazas de novo e que teñádes un moi bó día…

No hay comentarios:

Publicar un comentario